Sen dúbida, para nós Oliver Laxe —París, 1982— é o cineasta galego do momento —e posiblemente do futuro—. O pasado mes de maio ocupou as páxinas dos medios de todo o país coa súa terceira longametraxe, O que arde, ao ser dobremente galardoada no 72.º Festival Internacional de Cine de Cannes co Premio do Xurado e o Premio á Mellor Creación Sonora da sección Un Certain Regard —Unha Certa Mirada—, sendo ademais a primeira en lingua galega proxectada no festival francés.
É frecuente que algunhas explotacións busquen complementar os ingresos que perciben pola venda do leite con outras actividades económicas. Un exemplo é a venda dos animais machos que nacen nas granxas, aínda que nese caso é máis a necesidade de desfacerse deles que a busca de beneficio económico. Outra opción é o cebado de porcos, ovellas ou xatos de razas cárnicas, para a súa venda a veciños da zona ou a carnizarías. Tamén é habitual que algún membro da familia compaxine o seu traballo na granxa cun posto noutra empresa ou como traballador autónomo esporádico. Pódese vender parte da colleita cando temos excedentes —algo pouco habitual— ou arrendar parcelas que non utilizamos. A venda directa de leite cru é unha opción que se recuperou, logo de pasar décadas desaparecida. Mesmo as hortas que temos ao lado de casas e cortes poden ser unha fonte de ingresos, aínda que a pequena escala e de xeito eventual.
Unha vez presentadas as claves para poñer en marcha un proxecto de aproveitamento turístico das explotacións gandeiras, coñezamos agora dous exemplos que xa están funcionando e con indubidable éxito: Vida de Aldea, en Lugo, e Can Gel, en Barcelona. Son dous modelos moi diferentes entre si por tamaño, volume de negocio, tipo de actividades e servizos que ofrecen. O único punto en común é que ambos arrincaron como granxas familiares destinadas á produción de leite en intensivo con vacas frisoas. Logo, como veremos, foron evolucionando a fórmulas de vida e de negocio moi distintas. Podemos aprender das súas experiencias.
Din dos galegos que un non sabe se soben ou baixan pola escaleira na que te atopas con eles. Que che responden con outra pregunta e que, malia o seu clima húmido, son remisos a mollarse por algo, ou, polo menos, por algo que pague a pena.
Atopámonos ás portas da primeira xeración que crecerá sen posuír ningún vínculo familiar co rural, lugar de orixe dos nosos alimentos. Crer que isto non terá maior relevancia no futuro desenvolvemento da sociedade, claramente encamiñado a virar ao redor das grandes cidades, sería un despropósito considerable pero nada novo. O presente non é máis que a colleita de todo o sementado ao longo da historia e, se queremos entendelo, debemos coñecer o pasado para, se é posible, evitar cometer os mesmos erros. Apelamos, pois, á curiosidade e interese do lector, e convidámolo a acompañarnos nunha viaxe pola historia. Un traxecto que, con sorte, nos levará a reflexionar sobre como chegamos a esta situación de abandono e desvalorización de todo o que atinxe ao ámbito rural.