Canis Lupus
Artigos / 04.Feb.2020Unha vivencia de Alarico de Roque, gandeiro.
A primeira vez que a sentín cerca, todo o pelo do meu corpo se erizou como pugas de porco espiño. Os meus sentidos agudizáronse e comecei a ouvir, máis e mellor, o vento do nordeste. Unha suave brisa que me murmuraba o son da maleza que ela pisaba, e que traía consigo un leve e irrecoñecible olor que impregnaba as miñas fosas nasais. Percorrín a estaca de madeira coas miñas maos e sentín cada fenda como se fose o Gran Canón do Colorado. MEDO. O descoñecido puxérame en alerta, espertando o meu máis profundo instinto animal.