Artigos / 28.Xul.2020
Unha vivencia de Alarico de Roque, gandeiro.

No campo é case imposible atopar un ano igual ao anterior ou semellante ao seguinte. Cada un tráenos unhas condicións atmosféricas diferentes, que afectan os cultivos de xeito distinto e nos obrigan aos agricultores e gandeiros a actuar sempre sobre a marcha, analizando cada cultivo por separado semanalmente. Aínda así, igual que os traballos diarios dentro da granxa permanecen invariables, tales como a alimentación do gando, diversos coidados, os partos, a muxidura, etc, existen acontecementos externos a ela que se repiten anualmente, como a visita de determinados animais.

Artigos / 23.Xul.2020
Unha lenda sobre a orixe do nome de Atenas.

Conta unha vella lenda que na antiga Atenas, moito antes de que os grandes filósofos pisasen as súas rúas, tantos anos atrás que a propia cidade aínda non tiña nome, dous deuses disputaban entre si ser o protector e dono desta urbe da Ática.

Entrevistas / 21.Xul.2020
Entrevista a Teresa Pérez Millán, xerente da Interprofesional do Aceite de Oliva Español (IAOE).

Teresa Pérez Millán —Madrid, 1975—, enxeñeira agrónoma especializada en xestión de industrias alimentarias, é xerente da Interprofesional do Aceite de Oliva Español —IAOE— desde o ano 2008. Falamos con ela para que nos explique como funciona o mercado do aceite, cal é a situación actual dos seus produtores, por onde irá o futuro do sector e como pode evolucionar o incipiente oliveiral galego.

Artigos / 14.Xul.2020
Un artigo de Tamara González López, historiadora.

Unha das primeiras referencias á gripe de 1918 en medios lucenses data do 24 de maio dese mesmo ano; aínda que, en teoría, xa houbera unha primeira vaga ao inicio da primavera en distintos puntos da xeografía peninsular, incluída Galicia.

Artigos / 09.Xul.2020
Un conto electoral de Alarico de Roque, gandeiro.

A reunión prolongárase máis do previsto. Era a última antes das eleccións e o presidente da Xunta estivera presente para reforzar a súa campaña electoral, pero algúns dos representantes do sector primario non eran fáciles de dobregar, sobre todo os que eran agricultores ou gandeiros de verdade. Eles non entendían o seu proxecto para o rural, que necios!…

Artigos / 06.Xul.2020
Unha opinión de Alarico de Roque, gandeiro.

Hai catro anos que Alberto Núñez Feijoo gañou por maioría as eleccións ao Goberno autonómico galego. Malia que este sería o seu terceiro mandato consecutivo á fronte da Xunta de Galicia, institución que define un concello rural como «aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada a nivel de parroquia, segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística» —IGE, 2016—, e que exclúe desta consideración tan só 13 dos 313 municipios que compoñen a comunidade, non foi ata aquel momento cando o reelixido presidente anunciou aos catro ventos que o período que agora remata sería a «lexislatura do rural».

Artigos / 30.Xuñ.2020
Una opinión de Alarico de Roque, gandeiro.
Fotos: Bea Ramos e Jose Santiso.

Supoñamos que cometo un asasinato, coa premeditación e a paciencia requiridas para organizalo á perfección e que a policía non me pille coas mans na masa. Sigamos confabulando e imaxinemos que, unha vez levado a cabo, todo resultou segundo o previsto. Agora chega o momento máis complicado, o que me permitiría saír indemne dun delito de homicidio —máis que— voluntario: como esconder o cadáver e que ninguén o vexa.

Artigos / 23.Xuñ.2020
Unha vivencia de Alarico de Roque, gandeiro.

Fortes son as raíces que nos atan a esta noite, polo menos no rural. Esta noite que se converteu en botellóns de xente apiñada que non pensa nin por un momento a que se debe esa cacharela xusto nese intre. Na aldea todo é moito máis doado e, despois de días de traballo extenuante de colleita e sementeira, de suor e dor nas costas, esta noite xúntanos a todos e a todas arredor dun lume purificador, ante o que somos iguais pero singulares.