Son(s) d’aldea, un poema de María Míguez — Omnivoraz

Son(s) d’aldea

Un poema de María Míguez.

Crieime no medio do monte
entre arumes de toxos e pinos.
Crieime con auga da fonte,
con leite de vaca e con pan de millo.
Crieime ó carón da lareira
cando ainda o inverno era frío.
Crieime xogando na eira
cos meus veciños e amigos.
Crieime saltando valados
por corredoiras, camiños e prados.
Crieime comendo filloas,
castañas, touciño e amoras.
Crieime cos contos das vellas
da Santa Compaña, dos demos e as meigas.
Crieime con pouco de todo
sen botar nunca en falta de nada.
E eu que sempre digo
que nada sei,
unha cousa si que sei:
Miña nai que ben me criaches!
Miña nai que ben me criei!

Son(s) d’aldea, un poema de María Míguez — Omnivoraz

MARÍA MÍGUEZ

—A Coruña, 1966—. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou estudos de posgrao na Universidade da Coruña, e actualmente exerce como profesora de Lingua Castelá e Literatura na Comunidade de Galiza, compaxinando a docencia coa escritura e a pintura. Podes atopala en Instagram —¡¡Buenos días con Arte y Poesía!!— e no blog Observaciones del Arte y la Literatura.

Etiquetas:
, ,