Artigos / 28.Abr.2020
Unha reflexión sobre a necesidade de protexer sanitariamente a agricultores e gandeiros.

Desde que comezou o confinamento, é habitual ver en xornais, televisións e outros medios de comunicación reportaxes bucólico-pastorís que enxalzan o esforzo de agricultores e gandeiros por manter a súa actividade, e mesmo incrementala, a pesar do coronavirus. A prensa achégase ao campo como quen visita o parente pobre e resignado. Unhas palmadiñas no lombo, un aplauso ao esforzo e unha mensaxe de ánimo máis falsa que unha moeda de tres euros. De analizar os riscos sanitarios nas explotacións ou o impacto económico do estado de alarma na actividade agraria, nada de nada: «Ala, heroes, vós a producir. E non se vos ocorra subir os prezos, que xa vos damos un minuto de gloria diario na tele».

Artigos / 21.Abr.2020
Unha opinión de Alarico de Roque, gandeiro.

Nestes tempos de Coroa e virus, e todos os males habidos e por haber, nos que todos —ou polo menos a maioría con cerebro— vemos limitados os nosos contactos sociais, chegado ese momento no que descubrimos que isto non é tan doado como o primeiro día, tentemos poñer o corazón cando miramos ao noso arredor. Urxe o uso de toda a empatía que sexamos capaces de reunir no noso confinamento.

Artigos / 31.Mar.2020
Un relato de ficción realista.

Esperto coa sensación de que unha manda de cabalos pasou por enriba de min. Ao tentar abrir os ollos, noto como as miñas pálpebras pesan, como se levasen séculos pechadas. Confundido e medio adormecido, vexo ao meu arredor unha morea de xente en padiolas.

Artigos / 26.Mar.2020
Unha opinión de Alarico de Roque, gandeiro.

Un país parado por algo tan pequeno que non se pode ver cun simple microscopio. Dous inimigos invisibles, o virus e o medo, retroaliméntanse. Mentres, os humanos pagamos as consecuencias de ambos os dous. Así vexo a situación actual desde a miña aldea. Pero, como sempre, as imaxes que se ven na televisión ou nas redes son as das cidades. Ninguén se lembra do que acontece no campo —ben, algún si, para fuxir a el por temor ao contaxio—. Eu vouvos contar o que ocorre aquí, aínda que o certo é que, máis alá do estado de alerta, hai pouco que contar. A ausencia de novidades no rural non é unha novidade.

Artigos / 17.Mar.2020
Un artigo de María Val, DUE —Diplomada Universitaria en Enfermaría—.

Pandemia non é sinónimo de gravidade. Segundo a OMS —Organización Mundial da Saúde—, pandemia refírese á propagación mundial dunha nova enfermidade. Prodúcese unha pandemia de gripe cando xorde un novo virus gripal que se propaga polo mundo e a maioría das persoas non teñen inmunidade contra el. Tal é o caso do novo SARS-CoV-2 aparecido na China e responsable da actual pandemia de COVID-19.

Artigos / 14.Feb.2020
Un artigo sobre as vacinas, ou cando do ubre das vacas non saíu só leite.

Actualmente todos coñecemos as vacinas e para que serven, e case todos sabemos como funcionan. Podemos facernos unha idea do que teñen suposto para a humanidade, pero ¿como se logrou este importante fito histórico? Neste artigo recordamos e reflexionamos sobre a súa orixe.

Artigos / 06.Feb.2020
Unha opinión de Alarico de Roque, gandeiro.

Durante os últimos días puidemos ler en moitos titulares que «a Xunta retrocede e reabre o paridoiro de Verín —Ourense—». Analicemos estas palabras e miremos o transcurso dos acontecementos con ollo clínico, nunca mellor dito.