Prezos e valores
Artigos / 18.Feb.2020Unha opinión de Luis Parrulo, antropólogo.
Trinta anos de caída ou estancamento dos prezos no sector agrogandeiro desembocaron en protestas masivas por toda España. Tiveron que xuntarse as enormes perdas económicas en toda a actividade do campo para que se faga visible un problema que os afogaba día a día, mes a mes e ano a ano. Luis Parrulo, antropólogo da Universidade de Uppsala, ironiza sobre os artífices ocultos desta situación: xente que vive do campo, pero sen dobrar o lombo. Demasiado listos como para traballar e demasiado pobres como para ver en que acabarán as súas accións.