Casualidade ou causalidade?
Artigos / 28.Xul.2020Unha vivencia de Alarico de Roque, gandeiro.
No campo é case imposible atopar un ano igual ao anterior ou semellante ao seguinte. Cada un tráenos unhas condicións atmosféricas diferentes, que afectan os cultivos de xeito distinto e nos obrigan aos agricultores e gandeiros a actuar sempre sobre a marcha, analizando cada cultivo por separado semanalmente. Aínda así, igual que os traballos diarios dentro da granxa permanecen invariables, tales como a alimentación do gando, diversos coidados, os partos, a muxidura, etc, existen acontecementos externos a ela que se repiten anualmente, como a visita de determinados animais.