Curiosidades históricas: uvas contra os impostos
Artigos / 30.Dec.2019Un artigo sobre a tradición de tomar doce uvas en Noitevella.
O día 31 de decembro, ás doce en punto da noite, comezaremos un dos costumes máis arraigados na nosa sociedade: comer unha uva por cada badalada da última hora do ano —ou o primeiro minuto dun novo—. Neste artigo contámosvos de onde provén esta tradición e como chegou a nós.