Artigos / 24.Feb.2020
Un relato de Alarico de Roque, gandeiro.

Érgome da cama co espertar de quen dorme o que quere, asómome á fiestra, e vexo esa reconfortante néboa que o cobre case todo. Preciosa e fría mañá no alto deste solitario monte, o Pico da Ortiga. Contan os anciáns que, tempo atrás, nesta zona se estendía unha gran reserva natural de flora e fauna coñecida como Parque do Invernadeiro. Hoxe, mires a onde mires, só se ven eucaliptos. Coa idea de plasmar por escrito a historia de como se chegou a esta situación, para que se saiba a verdade, collo un anaco de xabaril que sobrou onte e séntome fronte á miña pantalla de grafeno.

Artigos / 26.Dec.2019
Un relato ambientado no «estado do benestar».

Corría o 24 de decembro de 2019. Xosé, sempre voluntarioso, axudaba a Mari a baixar do coche ao chegar á casa dos pais dela. Xosé, de Terroso, e Mari, de Soutochao —aldeas do municipio de Vilardevós, Ourense—, coñecíanse desde nenos. Dez anos atrás, durante unha escapada á fervenza da Cidadella nunha calorosa tarde de agosto, a súa amizade tornouse atracción e, pouco despois, acabaron no altar. Eses recordos de Xosé quedaban esvaecidos ante a inminente chegada do seu primeiro fillo, xa que Mari estaba próxima a saír de contas.

Artigos / 22.Nov.2019
Un relato sobre a influencia da información.

Hai moitos séculos, un dos moitos reis do Imperio Persa tiña un soño que se repetía con frecuencia. Nel vía impávido como todos os seus dentes lle caían en cuestión de minutos. Ofuscado, mandou chamar o mellor interpretador de soños de toda Persépole, ao que lle contou o seu soño rogándolle que lle explicase o seu significado.