«A aposta galega debe ser por producir un leite diferenciado, rico en nutrientes, saudable e sustentable»
Entrevistas / 21.Feb.2022Unha entrevista a Víctor Fernández Caseiro, gandeiro e músico.
Víctor Fernández Caseiro —Esmoriz, Chantada, Lugo, 1985— ía para músico. Desde moi cativo, a súa ilusión era subir ao escenario tocar, e mesmo cursou estudos de música. Aínda que segue actuando co seu grupo, Liviao de Marrao, agora dedícase en corpo e alma á gandaría, con métodos alternativos, con eficacia na produción e cun reducido impacto medioambiental; parámetros todos polos que apostamos e aos que queremos dar visibilidade en Omnivoraz.