Artigos / 06.Abr.2022
Un artigo sobre a mafia que velaba pola seguridade alimentaria.

Se existe un prototipo de home feito a si mesmo sen ningún tipo de escrúpulos, foi Alphonse Gabriel Capone, máis coñecido como Al Capone. Cunha infancia tan atribulada como a época e a cidade nas que lle tocou vivir, este fillo de napolitanos emigrados aos Estados Unidos en 1893 deixou os estudos sendo un adolescente que buscaba a súa autosuficiencia para escapar dunha miseria galopante —e tamén dalgún que outro delito— na Nova York do incipiente século xx. Da man do capo Johnny Torrio, Alphonse trasladouse á que, literalmente, sería a súa cidade durante moito tempo: Chicago.

Artigos / 21.Mar.2022
Mitoloxía para mentes voraces.

Cando o mundo aínda era un fértil e eterno paraíso, os deuses camiñaban pola terra como inocentes mortais. Deméter, a deusa encargada de manter a exuberante vexetación daquel edén, tiña unha filla, Perséfone, unha das máis belas e inmaculadas deusas que percorrían o mundo. Varios deuses tentaron cortexar aquela beleza imperecedoira, pero Deméter apartounos a todos, pois a ningún cría digno de posuír a súa filla, e nunca permitiría que ninguén ousase nin sequera tocala, excepto as súas amigas inmortais ou as ninfas que a acompañaban nos seus paseos a miúdo.

Artigos / 10.Nov.2020
Un artigo para aprender dos erros e acertos do pasado.

Malia os múltiples avisos dos expertos, a crise sanitaria provocada pola pandemia de COVID-19 colleu desprevidos a inmensa maioría dos países do mundo, sen saber moi ben como xestionala. En momentos como este, nos que ningunha orientación sobra, cobra especial importancia volver a vista atrás e revisar a historia.

Artigos / 29.Out.2020
Un artigo sobre a celebración celta do eterno ciclo vital.

Conta unha antiquísima lenda celta que desde o 31 de outubro ata o 2 de novembro se celebraba unha festa chamada Samaín, unha das catro máis importantes daquela indómita cultura.

Artigos / 13.Out.2020
Día Internacional das Mulleres Rurais.

O Día Internacional das Mulleres Rurais, que se celebra o 15 de outubro, foi establecido polas Nacións Unidas co obxectivo de recoñecer o inestimable labor social e de seguridade alimentaria que realiza case a metade da poboación rural do mundo. Unha xornada de conmemoración, pouca cousa, sen dúbida, para unha parte tan importante da sociedade asentada no rústico: avoas, nais, fillas, esposas ou compañeiras e, sobre todo, incansables traballadoras anónimas, sen voz en demasiadas ocasións.

Artigos / 23.Xul.2020
Unha lenda sobre a orixe do nome de Atenas.

Conta unha vella lenda que na antiga Atenas, moito antes de que os grandes filósofos pisasen as súas rúas, tantos anos atrás que a propia cidade aínda non tiña nome, dous deuses disputaban entre si ser o protector e dono desta urbe da Ática.

Artigos / 14.Xul.2020
Un artigo de Tamara González López, historiadora.

Unha das primeiras referencias á gripe de 1918 en medios lucenses data do 24 de maio dese mesmo ano; aínda que, en teoría, xa houbera unha primeira vaga ao inicio da primavera en distintos puntos da xeografía peninsular, incluída Galicia.

Artigos / 19.Xuñ.2020
Un artigo sobre as raíces da noite máis máxica do ano.

O solsticio de verán era o momento máis transcendental do calendario para moitas das culturas antigas e, sen dúbida, é a noite máis máxica do ano para a nosa. A actual celebración do San Xoán non deixa de ser un conxunto de lendas e ritos dos nosos devanceiros —en gran parte esquecidos—, pero cales son as súas verdadeiras raíces? Neste artigo contámosvos de onde provén este festexo e por que sobreviviu ata hoxe.

Artigos / 31.Mar.2020
Un relato de ficción realista.

Esperto coa sensación de que unha manda de cabalos pasou por enriba de min. Ao tentar abrir os ollos, noto como as miñas pálpebras pesan, como se levasen séculos pechadas. Confundido e medio adormecido, vexo ao meu arredor unha morea de xente en padiolas.