Unha entrevista a Susi Villaverde Salgueiro, hostaleira.
A pandemia de COVID-19 está a deixar tras de si un rastro de enfermidade, morte e precariedade económica, ao tempo que se debuxa un horizonte do máis incerto. Despois dun confinamento, no que a maior parte da poboación comprendía a vital importancia de reducir os contactos para conter a propagación do coronavirus, o verán precipitou unha desescalada vertixinosa co obxectivo de «salvar o turismo» e, con el, a hostalaría. Unha apertura do país que supoñía pasar dun extremo a outro, lonxe da contención á que foramos chamados, e que tivo pésimos resultados na saúde pública. Pero foi isto culpa da hostalaría?