Gandaría Casa da Fonte (Lugo): innovación, rendemento sustentable e produtos de máxima calidade
Reportaxes / 14.Xan.2020Unha reportaxe con Xosé García Freire, da gandaría Casa da Fonte (Lugo).
O futuro das explotacións está no pasado? É unha pregunta que se deberon facer en Casa da Fonte —Mañente, Pantón, Lugo— cando decidiron diversificar a produción e comercializar directamente os seus produtos. O que sempre se fixo nas granxas familiares, pero a maior escala, cun alto nivel de profesionalización e convertendo en innovación o que fora tradicional.