Desenvolvemento rural: colapsos e consecuencias. A análise de Xosé Constenla Vega
Reportaxes / 09.Dec.2019Unha reportaxe realizada coa colaboración e aportacións de Xosé Constenla Vega (Doutor en Xeografía).
O territorio cambiou profundamente nos últimos anos. A realidade reflicte que o cesamento da actividade rural trouxo como consecuencia o abandono en sentido amplo da supervivencia das persoas, dos medios de vida, do territorio e, en suma, dun sistema social e ambiental que definitivamente cambiou e non ten volta atrás. En Omnivoraz recollemos, en senllas reportaxes, a voz de Xosé Constenla e Edelmiro López Iglesias, dous especialistas na materia que nos falan do territorio, das súas experiencias e de posibles alternativas.