Curiosidades históricas: o cártel lácteo de Al Capone
Artigos / 06.Abr.2022Un artigo sobre a mafia que velaba pola seguridade alimentaria.
Se existe un prototipo de home feito a si mesmo sen ningún tipo de escrúpulos, foi Alphonse Gabriel Capone, máis coñecido como Al Capone. Cunha infancia tan atribulada como a época e a cidade nas que lle tocou vivir, este fillo de napolitanos emigrados aos Estados Unidos en 1893 deixou os estudos sendo un adolescente que buscaba a súa autosuficiencia para escapar dunha miseria galopante —e tamén dalgún que outro delito— na Nova York do incipiente século xx. Da man do capo Johnny Torrio, Alphonse trasladouse á que, literalmente, sería a súa cidade durante moito tempo: Chicago.