Artigos / 21.Mar.2022
Mitoloxía para mentes voraces.

Cando o mundo aínda era un fértil e eterno paraíso, os deuses camiñaban pola terra como inocentes mortais. Deméter, a deusa encargada de manter a exuberante vexetación daquel edén, tiña unha filla, Perséfone, unha das máis belas e inmaculadas deusas que percorrían o mundo. Varios deuses tentaron cortexar aquela beleza imperecedoira, pero Deméter apartounos a todos, pois a ningún cría digno de posuír a súa filla, e nunca permitiría que ninguén ousase nin sequera tocala, excepto as súas amigas inmortais ou as ninfas que a acompañaban nos seus paseos a miúdo.

Artigos / 19.Xuñ.2020
Un artigo sobre as raíces da noite máis máxica do ano.

O solsticio de verán era o momento máis transcendental do calendario para moitas das culturas antigas e, sen dúbida, é a noite máis máxica do ano para a nosa. A actual celebración do San Xoán non deixa de ser un conxunto de lendas e ritos dos nosos devanceiros —en gran parte esquecidos—, pero cales son as súas verdadeiras raíces? Neste artigo contámosvos de onde provén este festexo e por que sobreviviu ata hoxe.

Artigos / 17.Mai.2020
Un artigo de Alarico de Roque, gandeiro.

Cadaquén festexa este día á súa maneira: día da patria, da matria, das letras galegas, da lingua galega… En fin, que cada un lle dá o seu propio sentido. Certo é que me doe ver como nalgúns dos casos se usa máis como unha propaganda cultural, que nin eles mesmos cren e que fan por obriga institucional, pero non escribo isto para criticar, que este é un día demasiado grande para meterse nesas brañas.

Artigos / 20.Mar.2020
Un artigo sobre a historia dunha data clave.

Ás portas do equinoccio de primavera, contámosvos por que desde a antigüidade este momento do ano foi, e aínda é a día de hoxe, de grande importancia para a agricultura, a gandaría e, por extensión, para a historia da humanidade.

Reportaxes / 25.Out.2019
Unha reportaxe con Amador Arias, protagonista da película O que arde.

Con ocasión da preestrea de O que arde en Navia de Suarna —Lugo—, tivemos a oportunidade de coñecer un pouco máis o seu protagonista masculino, Amador Arias, e a súa experiencia cinematográfica da man de Oliver Laxe. Se cres na casualidade, poderás pensar que esta é a palabra que define o noso encontro co actor no que, mentres colle un cigarro, comparte con nós a anécdota de como o seu chisqueiro «de gasofa da de agora» se acendeu só ao caer de pé no chan cando o sacou do peto. Pero en Omnivoraz non cremos na casualidade, e comprendemos que todo comezou como debía ser: con lume. Sentados nunhas escaleiras a carón da praza da vila, na que xa se arremuiñaban o público e a prensa asistente ao evento, mantivemos con el unha distendida conversa que resultou ser todo un making of do filme.

Reportaxes / 25.Out.2019
Unha reportaxe con Benedicta Sánchez, protagonista da película O que arde.

Benedicta Sánchez, a actriz protagonista de O que ardeOliver Laxe, 2019—, causou sensación á súa chegada a Navia de Suarna —Lugo— para a preestrea do filme. Esta muller de oitenta e cinco anos, que non tivo reparo en bailar unha muiñeira no Festival Internacional de Cinema de Cannes, non necesitou máis que pisar a praza da vila lucense para verse rodeada de xente ansiosa por coñecela e, por suposto, por capturar ese momento en fotografías que xa quedarán para o recordo dunha xornada moi especial para a comarca dos Ancares. Voluntariosa e afable, falou con Omnivoraz da súa vida, os seus principios e a súa paixón pola natureza, un perfil que agora compartimos con vós agardando que o desfrutedes.

Entrevistas / 10.Out.2019
Unha entrevista a Oliver Laxe, cineasta.

Sen dúbida, para nós Oliver Laxe —París, 1982— é o cineasta galego do momento —e posiblemente do futuro—. O pasado mes de maio ocupou as páxinas dos medios de todo o país coa súa terceira longametraxe, O que arde, ao ser dobremente galardoada no 72.º Festival Internacional de Cine de Cannes co Premio do Xurado e o Premio á Mellor Creación Sonora da sección Un Certain Regard —Unha Certa Mirada—, sendo ademais a primeira en lingua galega proxectada no festival francés.

Artigos / 10.Out.2019
Unha recensión de O que arde, filme de Oliver Laxe.

Amador Coro sae da cadea, en liberdade condicional, tras cumprir dous terzos da súa condena por ter provocado un incendio. Ninguén o espera, pero regresa á súa casa, nas montañas lucenses dos Ancares, onde volverá convivir con Benedicta —a súa nai—, Luna —a súa cadela— e as súas tres vacas. Alleos ás mofas dos veciños, nai e fillo viven en tranquila harmonía coa natureza, ata que a virulencia do lume arrasa a zona.