Un futuro incerto (e IV): os alimenta
Artigos / 24.Feb.2021Un relato de Alarico de Roque, gandeiro.
Vai frío e chove, como é habitual en Galiza nas datas do Entroido. O olor dos grelos, as patacas e as carnes salgadas cocéndose ao lume esténdese por toda a casa. Mentres colorea un debuxo sentada detrás da cociña de leña, a nena dille á súa atarefada nai: «Cóntame a historia dos alimenta». Intercambian unha mirada cargada de complicidade. «Outra vez?». Incapaz de negarse ao sorriso de ilusión da súa pequena, a muller ata un pano á cabeza para apartar o pelo da cara e, sen perder de vista as potas, comeza este relato, como unha tradición máis entre os pratos típicos: