Empatizar desde o confinamento
Artigos / 21.Abr.2020Unha opinión de Alarico de Roque, gandeiro.
Nestes tempos de Coroa e virus, e todos os males habidos e por haber, nos que todos —ou polo menos a maioría con cerebro— vemos limitados os nosos contactos sociais, chegado ese momento no que descubrimos que isto non é tan doado como o primeiro día, tentemos poñer o corazón cando miramos ao noso arredor. Urxe o uso de toda a empatía que sexamos capaces de reunir no noso confinamento.