Aceite de oliva: un xigante en transición
Entrevistas / 21.Xul.2020Unha entrevista a Teresa Pérez Millán, xerente da Interprofesional do Aceite de Oliva Español (IAOE).
Teresa Pérez Millán —Madrid, 1975—, enxeñeira agrónoma especializada en xestión de industrias alimentarias, é xerente da Interprofesional do Aceite de Oliva Español —IAOE— desde o ano 2008. Falamos con ela para que nos explique como funciona o mercado do aceite, cal é a situación actual dos seus produtores, por onde irá o futuro do sector e como pode evolucionar o incipiente oliveiral galego.