Arroz con leche, limón y canela — Recetas — Omnivoraz

Arroz con leite, limón e canela

Unha receita do chef Alberto Lareo Peiteado.

Tempo de preparación: 2 horas
Tempo de repouso do leite aromatizado: 1 hora
Dificultade: baixa

Ingredientes:

  • 500 ml de leite
  • 100 g de arroz
  • 3 culleradas de azucre
  • Pel de limón
  • 1 rama de canela
  • Canela en po

Preparación:

Nunha cazola, mesturar o leite, o azucre, a canela en rama e a pel de limón, que se deixarán infusionar a lume medio durante 1 hora. Pasado ese tempo, retirar do lume e deixar repousar durante 1 hora.

Con axuda dun coador, lavar o arroz en auga fría para eliminar parte do amidón, o que tamén evitará que se pegue durante o cociñado.

Retirar a canela en rama e a pel de limón do leite aromatizado, ao que se engadirá o arroz previamente lavado. Cocer a lume lento durante 40 minutos, aproximadamente, remexendo de vez en cando.

Retirar do lume e verter o arroz con leite nun bol. Deixar arrefriar a temperatura ambiente.

Presentación:

Servir as racións de arroz con leite en pequenos cuncos e empoar con canela en po.

Bo proveito!

Arroz con leche, limón y canela — Recetas — Omnivoraz