Paté de xoubas en conserva
Receitas / 30.Xul.2020
Unha receita do chef Alberto Lareo Peiteado.
Tempo de preparación: 1 hora
Dificultade: baixa
Ingredientes:
Para o paté:
- 250 g de xoubas en conserva
- 250 g de queixo crema
- 1 cullerada de mostaza de Dijon
- Pementa negra
- Sal fino
Para o acompañamento —cantidades ao gusto—:
- Cogombriño en vinagre
- Ovo cocido
- Perexil fresco
- Pan torrado
Preparación:
Botar nun bol as xoubas, o queixo crema, a mostaza, a pementa negra e o sal fino. Mesturar co batedor ata obter unha pasta homoxénea.
Dispoñer a pasta resultante en pequenos tarros de cristal. Deixar repousar e arrefriar na neveira.
Para o acompañamento, preparar unha picada con cogombriño en vinagre, ovo cocido e perexil fresco —ao gusto—. Recoméndase a súa preparación xusto antes de servir o paté.
Presentación:
Acompañar cada tarro de paté con parte da picada elaborada previamente e as torradas de pan.
Bo proveito!