O coronavirus desde a aldea
Artigos / 26.Mar.2020Unha opinión de Alarico de Roque, gandeiro.
Un país parado por algo tan pequeno que non se pode ver cun simple microscopio. Dous inimigos invisibles, o virus e o medo, retroaliméntanse. Mentres, os humanos pagamos as consecuencias de ambos os dous. Así vexo a situación actual desde a miña aldea. Pero, como sempre, as imaxes que se ven na televisión ou nas redes son as das cidades. Ninguén se lembra do que acontece no campo —ben, algún si, para fuxir a el por temor ao contaxio—. Eu vouvos contar o que ocorre aquí, aínda que o certo é que, máis alá do estado de alerta, hai pouco que contar. A ausencia de novidades no rural non é unha novidade.