Artigos / 26.Xan.2021
Unha opinión de Alarico de Roque, gandeiro.

Cada día que pasa vemos novas medidas anti-COVID-19, unhas acertadas e outras que sufrimos en silencio. Ante esta segunda onda —para outros a terceira e para algúns mesmo a cuarta—, derivada daquel berro populista de «salvemos o Nadal», volvemos sentir que moitas delas son pura maquillaxe para unha situación descontrolada aplicada polos mesmos que agora —tarde, mal e a rastro— tentan controlala. Segundo «o libro do gobernante», en todo paquete de medidas é imprescindible a procura do chibo expiatorio —se é un, ben, pero se son máis, moito mellor—. Este personaxe é a vítima perfecta, se a poboación o cre. Case un ano despois do comezo desta pandemia en España, os favoritos dos nosos múltiples garantes da lexislación seguen sendo a hostalaría e os mercados alimentarios ao aire libre. Fagamos un esforzo e desmontemos esta caza de bruxas do século xxi.

Artigos / 28.Dec.2020
Un relato de Alarico de Roque, gandeiro.

O novo coronavirus chegou a Europa en xaneiro de 2020, procedente da China. Parece ser que, froito da presión que o ser humano exerce sobre a natureza, o virus mutou e saltou ás persoas. Ante a propagación da enfermidade xa coñecida como COVID-19, a Organización Mundial da Saúde —OMS— cualificouna como pandemia global, e inmediatamente comezouse coa investigación para encontrar unha vacina. Nese momento todos nos aferramos á nosa culta sociedade, aos seus valores, e á preparación dos nosos gobernantes e científicos, pensando se toda esta engrenaxe sería o suficientemente robusta e estaría á altura das circunstancias.

Artigos / 22.Dec.2020
Un artigo sobre a orixe dun símbolo universal.

Se hai un momento do ano no que non se lle poden poñer portas ao campo, ese é, sen dúbida, o Nadal. Enclavado no solsticio de inverno e con múltiples costumes de orixe rural, o máis obvio é o de adornar a árbore. Aínda que hoxe en día só sexan uns anacos de plástico que o imitan, nas nosas mentes esa fragrante esencia que nos recorda o bosque, con todos os seus beneficios e traballos. Agora ben, freemos por un momento o noso irreprimible consumismo de Nadal e pensemos: que pinta unha árbore na que é a festividade cristiá por excelencia?

Entrevistas / 30.Nov.2020
Unha entrevista a Susi Villaverde Salgueiro, hostaleira.

A pandemia de COVID-19 está a deixar tras de si un rastro de enfermidade, morte e precariedade económica, ao tempo que se debuxa un horizonte do máis incerto. Despois dun confinamento, no que a maior parte da poboación comprendía a vital importancia de reducir os contactos para conter a propagación do coronavirus, o verán precipitou unha desescalada vertixinosa co obxectivo de «salvar o turismo» e, con el, a hostalaría. Unha apertura do país que supoñía pasar dun extremo a outro, lonxe da contención á que foramos chamados, e que tivo pésimos resultados na saúde pública. Pero foi isto culpa da hostalaría?

Artigos / 24.Nov.2020
Unha opinión de Alarico de Roque, gandeiro.

Desde que o ser humano é consciente da súa fraxilidade, o medo foi o seu anxo protector: vólvenos prudentes e, en situacións de risco, axúdanos para poder actuar usando o instinto de conservación en todo o seu amplo espectro. Podemos dicir, sen o máis mínimo temor a equivocarnos, que o medo foi unha peza fundamental para a evolución humana no xogo da supervivencia. No entanto, o capitalismo bestial que sufrimos «en silencio» no último século converteu o medo nun mercado libre. E con «libre» non me refiro a que cada un ten o medo que quere —que tamén—, senón a que o medo se transformou nun produto máis deste brutal capitalismo.

Artigos / 10.Nov.2020
Un artigo para aprender dos erros e acertos do pasado.

Malia os múltiples avisos dos expertos, a crise sanitaria provocada pola pandemia de COVID-19 colleu desprevidos a inmensa maioría dos países do mundo, sen saber moi ben como xestionala. En momentos como este, nos que ningunha orientación sobra, cobra especial importancia volver a vista atrás e revisar a historia.

Entrevistas / 05.Nov.2020
Unha entrevista a Joan Alibés Biosca, presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes.

Joan Alibés Biosca accedeu á presidencia da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes —SGPF— pouco antes de decretarse o estado de alarma a causa da COVID-19. As actividades habituais tiveron que deterse, pero o traballo diario dos asociados mesmo se viu incrementado, como sucedeu con toda a agricultura e a gandaría. Entrevistamos a Joan para saber en que estado se atopan e cales son as claves de futuro da materia sobre a que traballa a SGPF: os solos e os seus usos.

Artigos / 02.Nov.2020
Un texto de Alarico de Roque, gandeiro.

—Á miña nai.

Entro na leira que nos alimenta. Sinto que me movo a cámara lenta, como querendo parar o tempo sen poder facelo. Axeónllome no chan e aperto coa miña man un puñado de terra negra. Achégoa ao nariz mentres vou pechando os ollos, e deixo que o seu recendo estimule o meu olfacto. Co corazón aínda arrítmico, afrouxo o puño e a terra esvara entre os meus dedos, caendo de volta ao chan en compaña dunha morriñosa bágoa.

Artigos / 29.Out.2020
Un artigo sobre a celebración celta do eterno ciclo vital.

Conta unha antiquísima lenda celta que desde o 31 de outubro ata o 2 de novembro se celebraba unha festa chamada Samaín, unha das catro máis importantes daquela indómita cultura.