Artigos / 23.Dec.2019
Un artigo sobre a maxia do solsticio de inverno.

A nosa cultura celebra o Nadal a medio camiño entre o cristián, o pagán, o familiar e o consumismo típico destas festas. Todo iso xirando arredor do 25 de decembro, data do nacemento de Xesús de Nazaret que damos como válida, aínda sabendo que non o é. En calquera caso, é unha época do ano en que a felicidade nos embriaga e a maxia nos sostén. Ese encanto que nos fai flotar é o mesmo que durante milenios uniu todas as culturas do hemisferio norte na celebración do solsticio de inverno ou, o que é o mesmo, da noite máis longa do ano.

Artigos / 20.Dec.2019
Unha breve historia dunha das sobremesas máis características do Nadal.

Igual que outras festas, o Nadal trae ás nosas mesas alimentos típicos da época do ano en que se celebra. Neste artigo contámosvos a breve historia dunha das sobremesas por excelencia destas datas: o turrón.

Artigos / 04.Dec.2019
Unha crónica veterinaria de Eneko Jetxanoff.

Procedente da costa, cargada de salitre e iodo, ascendía a brisa polo val bañado pola primeira luz do día. Os raios de sol facían que o orballo, adormentado aínda nas follas dos verdes prados, se evaporase e abrazase o vento costeiro, asolagándoo todo cunha sublime fragrancia estival.

Artigos / 22.Nov.2019
Un relato sobre a influencia da información.

Hai moitos séculos, un dos moitos reis do Imperio Persa tiña un soño que se repetía con frecuencia. Nel vía impávido como todos os seus dentes lle caían en cuestión de minutos. Ofuscado, mandou chamar o mellor interpretador de soños de toda Persépole, ao que lle contou o seu soño rogándolle que lle explicase o seu significado.

Artigos / 10.Out.2019
Unha recensión de O que arde, filme de Oliver Laxe.

Amador Coro sae da cadea, en liberdade condicional, tras cumprir dous terzos da súa condena por ter provocado un incendio. Ninguén o espera, pero regresa á súa casa, nas montañas lucenses dos Ancares, onde volverá convivir con Benedicta —a súa nai—, Luna —a súa cadela— e as súas tres vacas. Alleos ás mofas dos veciños, nai e fillo viven en tranquila harmonía coa natureza, ata que a virulencia do lume arrasa a zona.

Artigos / 01.Out.2019
Un artigo de Xabier Iraola Agirrezabala.

Din dos galegos que un non sabe se soben ou baixan pola escaleira na que te atopas con eles. Que che responden con outra pregunta e que, malia o seu clima húmido, son remisos a mollarse por algo, ou, polo menos, por algo que pague a pena.

Artigos / 01.Out.2019
Un artigo sobre a importancia da agricultura e a gandaría na historia da humanidade.

Atopámonos ás portas da primeira xeración que crecerá sen posuír ningún vínculo familiar co rural, lugar de orixe dos nosos alimentos. Crer que isto non terá maior relevancia no futuro desenvolvemento da sociedade, claramente encamiñado a virar ao redor das grandes cidades, sería un despropósito considerable pero nada novo. O presente non é máis que a colleita de todo o sementado ao longo da historia e, se queremos entendelo, debemos coñecer o pasado para, se é posible, evitar cometer os mesmos erros. Apelamos, pois, á curiosidade e interese do lector, e convidámolo a acompañarnos nunha viaxe pola historia. Un traxecto que, con sorte, nos levará a reflexionar sobre como chegamos a esta situación de abandono e desvalorización de todo o que atinxe ao ámbito rural.

Artigos / 01.Out.2019
Unha crónica veterinaria de Eneko Jetxanoff.

Achegábame a Fonso e a súa aparencia, aceptable na distancia, murchaba paso a paso, a medida que a proximidade me permitía apreciar o implacable paso do tempo no seu rostro. Grosos e profundos sucos raiaban a súa cara. O seu cabelo, negro acibeche dous metros antes, era máis ben unha grotesca masa de febras e tinguidura barata, aplicada en grandes cantidades e sen aclarar, que lle cubría tamén a pel das tempas e parte da fronte. Alcanceino e dispúxenme a estreitar a man que me estendía, escurecida polo barro, os excrementos de vaca resecados e as longuísimas uñas de loito pechado. Sorría cun branquísimo sorriso apontoado por unha funda dental.