Artigos / 12.Mar.2021
Unha opinión de Alarico de Roque, gandeiro.

Como gandeiro, a miña primeira reflexión ante esta pregunta é outra: por que debo tomar posición nun dos extremos? Seica teño poder de decisión? Non. O feito de tomar posición influirá na miña vida? Tampouco. Entón por que tanta enquisa en tantas páxinas e tantos medios sobre unha cuestión que, por eterna, se transformou en costume? A miña opinión, como en moitos outros problemas na vida, é que nin todo é negro nin branco, tamén existe o gris, e o meu particular gris é o que vos expoño a continuación.

Artigos / 24.Feb.2021
Un relato de Alarico de Roque, gandeiro.

Vai frío e chove, como é habitual en Galiza nas datas do Entroido. O olor dos grelos, as patacas e as carnes salgadas cocéndose ao lume esténdese por toda a casa. Mentres colorea un debuxo sentada detrás da cociña de leña, a nena dille á súa atarefada nai: «Cóntame a historia dos alimenta». Intercambian unha mirada cargada de complicidade. «Outra vez?». Incapaz de negarse ao sorriso de ilusión da súa pequena, a muller ata un pano á cabeza para apartar o pelo da cara e, sen perder de vista as potas, comeza este relato, como unha tradición máis entre os pratos típicos:

Artigos / 17.Feb.2021
Un relato de Alarico de Roque, gandeiro.

Gala non durmiu nada esa noite. A adrenalina vence o sono. Só le e le. Canto máis avanza na lectura, máis a aterroriza todo o ocorrido, e pregúntase como demos foran capaces de crear aquel mundo tan artificial sen que ninguén puidese facer algo para frealos. Marabíllana as imaxes daqueles alimentos, para ela descoñecidos, con descricións de sabores que xamais tivese imaxinado: «Onde está toda a comida da que desfrutaban nas cidades a principios do século xxi?». Agora está tan estandarizada que só se distinguen tres sabores: o da proteína animal, o da vexetal e o dos exclusivos edulcorantes, uns sobres de contido líquido que algúns se poden permitir tomar por enriba de cada comida: «Como chegamos a isto?».

Artigos / 15.Feb.2021
Un relato onírico de Alarico de Roque, gandeiro.

Esta noite apalpei un soño. Volvíame incorpóreo e podía desprazarme a distintos sitios, en tempo e lugar. Tanto vía o Entroido con ollos de neno como o desfrutaba cos meus pequechos; tanto estaba tirando fariña en Viana como correndo diante das formigas en Laza. Cigarróns, peliqueiros e boteiros fundíanse todos na mesma praza ao son do folión e, como se fose o Día da Marmota, o enterro da sardiña nunca chegaba naquel eterno Carnaval.

Artigos / 10.Feb.2021
Un relato de Alarico de Roque, gandeiro.

Gala mantense allea ao mundo exterior mentres imparte a súa clase de historia. Sempre lle gustou a ensinanza, e dáselle moi ben, polo que pon gran paixón no seu traballo. Alí de pé, delgada, pero de constitución forte, mira de fronte os seus alumnos cuns ollos verdes que parecen acenderse ao inicio de cada hora de docencia:

Artigos / 26.Xan.2021
Unha opinión de Alarico de Roque, gandeiro.

Cada día que pasa vemos novas medidas anti-COVID-19, unhas acertadas e outras que sufrimos en silencio. Ante esta segunda onda —para outros a terceira e para algúns mesmo a cuarta—, derivada daquel berro populista de «salvemos o Nadal», volvemos sentir que moitas delas son pura maquillaxe para unha situación descontrolada aplicada polos mesmos que agora —tarde, mal e a rastro— tentan controlala. Segundo «o libro do gobernante», en todo paquete de medidas é imprescindible a procura do chibo expiatorio —se é un, ben, pero se son máis, moito mellor—. Este personaxe é a vítima perfecta, se a poboación o cre. Case un ano despois do comezo desta pandemia en España, os favoritos dos nosos múltiples garantes da lexislación seguen sendo a hostalaría e os mercados alimentarios ao aire libre. Fagamos un esforzo e desmontemos esta caza de bruxas do século xxi.

Artigos / 28.Dec.2020
Un relato de Alarico de Roque, gandeiro.

O novo coronavirus chegou a Europa en xaneiro de 2020, procedente da China. Parece ser que, froito da presión que o ser humano exerce sobre a natureza, o virus mutou e saltou ás persoas. Ante a propagación da enfermidade xa coñecida como COVID-19, a Organización Mundial da Saúde —OMS— cualificouna como pandemia global, e inmediatamente comezouse coa investigación para encontrar unha vacina. Nese momento todos nos aferramos á nosa culta sociedade, aos seus valores, e á preparación dos nosos gobernantes e científicos, pensando se toda esta engrenaxe sería o suficientemente robusta e estaría á altura das circunstancias.

Artigos / 22.Dec.2020
Un artigo sobre a orixe dun símbolo universal.

Se hai un momento do ano no que non se lle poden poñer portas ao campo, ese é, sen dúbida, o Nadal. Enclavado no solsticio de inverno e con múltiples costumes de orixe rural, o máis obvio é o de adornar a árbore. Aínda que hoxe en día só sexan uns anacos de plástico que o imitan, nas nosas mentes esa fragrante esencia que nos recorda o bosque, con todos os seus beneficios e traballos. Agora ben, freemos por un momento o noso irreprimible consumismo de Nadal e pensemos: que pinta unha árbore na que é a festividade cristiá por excelencia?

Artigos / 24.Nov.2020
Unha opinión de Alarico de Roque, gandeiro.

Desde que o ser humano é consciente da súa fraxilidade, o medo foi o seu anxo protector: vólvenos prudentes e, en situacións de risco, axúdanos para poder actuar usando o instinto de conservación en todo o seu amplo espectro. Podemos dicir, sen o máis mínimo temor a equivocarnos, que o medo foi unha peza fundamental para a evolución humana no xogo da supervivencia. No entanto, o capitalismo bestial que sufrimos «en silencio» no último século converteu o medo nun mercado libre. E con «libre» non me refiro a que cada un ten o medo que quere —que tamén—, senón a que o medo se transformou nun produto máis deste brutal capitalismo.