Hai moitos séculos, un dos moitos reis do Imperio Persa tiña un soño que se repetía con frecuencia. Nel vía impávido como todos os seus dentes lle caían en cuestión de minutos. Ofuscado, mandou chamar o mellor interpretador de soños de toda Persépole, ao que lle contou o seu soño rogándolle que lle explicase o seu significado.
A forma de cultivar uvas e elaborar viños na Ribeira Sacra coñécese como «viticultura heroica», un termo que alude ás dificultades físicas que entraña traballar os viñedos en terreos con pendente moi acusada. Salvo en zonas moi concretas, é case imposible para o viticultor utilizar maquinaria agrícola —nin sequera un pequeno tractor—, sendo as sulfatadoras de gasóleo, xunto cos raís polos que soben e baixan as caixas de uvas durante a vendima, a única mecanización do traballo na viña. Todo o demais —poda, atadura de cepas, vendima, etc.— debe facerse á man, movéndose por costas do máis pronunciadas.
A forma de cultivar uvas e elaborar viños na Ribeira Sacra coñécese como «viticultura heroica», un termo que alude ás dificultades físicas que entraña traballar os viñedos en terreos con pendente moi acusada. Salvo en zonas moi concretas, é case imposible para o viticultor utilizar maquinaria agrícola —nin sequera un pequeno tractor—, sendo as sulfatadoras de gasóleo, xunto cos raís polos que soben e baixan as caixas de uvas durante a vendima, a única mecanización do traballo na viña. Todo o demais —poda, atadura de cepas, vendima, etc.— debe facerse á man, movéndose por costas do máis pronunciadas.
O sector do viño é un dos poucos que resultan rendibles na agricultura. De feito, en moitas zonas de España é posible vivir da produción de uva sen necesidade de elaborar viños, e cunha marxe de beneficio suficientemente alta tanto para o colleiteiro como para o adegueiro que vende as botellas. En Galiza, a Ribeira Sacra fíxose famosa nos últimos tempos. Numerosos turistas son atraídos polas súas paisaxes, potenciadas pola presenza dos viñedos en bancal. A diferenza da maioría de Denominacións de Orixe, aquí non hai grandes adegas nin plantacións. Todo está moi atomizado, e prodúcese máis para autoconsumo e venda a granel que para viños embotellados e etiquetados. Pero as cepas seguen dando froito e o pequeno agricultor sobrevive. É un modelo tan único e diferente como o viño que produce. Nesta reportaxe centrámonos no viño tinto elaborado principalmente con uva da variedade mencía, mesturada con outras en menor cantidade. Queremos saber por que é diferente, como debemos bebelo e cales son as súas vantaxes e inconvenientes.
Con ocasión da preestrea de O que arde en Navia de Suarna —Lugo—, tivemos a oportunidade de coñecer un pouco máis o seu protagonista masculino, Amador Arias, e a súa experiencia cinematográfica da man de Oliver Laxe. Se cres na casualidade, poderás pensar que esta é a palabra que define o noso encontro co actor no que, mentres colle un cigarro, comparte con nós a anécdota de como o seu chisqueiro «de gasofa da de agora» se acendeu só ao caer de pé no chan cando o sacou do peto. Pero en Omnivoraz non cremos na casualidade, e comprendemos que todo comezou como debía ser: con lume. Sentados nunhas escaleiras a carón da praza da vila, na que xa se arremuiñaban o público e a prensa asistente ao evento, mantivemos con el unha distendida conversa que resultou ser todo un making of do filme.
Benedicta Sánchez, a actriz protagonista de O que arde —Oliver Laxe, 2019—, causou sensación á súa chegada a Navia de Suarna —Lugo— para a preestrea do filme. Esta muller de oitenta e cinco anos, que non tivo reparo en bailar unha muiñeira no Festival Internacional de Cinema de Cannes, non necesitou máis que pisar a praza da vila lucense para verse rodeada de xente ansiosa por coñecela e, por suposto, por capturar ese momento en fotografías que xa quedarán para o recordo dunha xornada moi especial para a comarca dos Ancares. Voluntariosa e afable, falou con Omnivoraz da súa vida, os seus principios e a súa paixón pola natureza, un perfil que agora compartimos con vós agardando que o desfrutedes.
Sen dúbida, para nós Oliver Laxe —París, 1982— é o cineasta galego do momento —e posiblemente do futuro—. O pasado mes de maio ocupou as páxinas dos medios de todo o país coa súa terceira longametraxe, O que arde, ao ser dobremente galardoada no 72.º Festival Internacional de Cine de Cannes co Premio do Xurado e o Premio á Mellor Creación Sonora da sección Un Certain Regard —Unha Certa Mirada—, sendo ademais a primeira en lingua galega proxectada no festival francés.