La parábola del sueño del rey persa — Omnivoraz

A parábola do soño do rei persa

Un relato sobre a influencia da información.

Hai moitos séculos, un dos moitos reis do Imperio Persa tiña un soño que se repetía con frecuencia. Nel vía impávido como todos os seus dentes lle caían en cuestión de minutos. Ofuscado, mandou chamar o mellor interpretador de soños de toda Persépole, ao que lle contou o seu soño rogándolle que lle explicase o seu significado.

Tras varias e sisudas pescudas, o sabio contestoulle que eses dentes simbolizaban os seus familiares máis achegados, entre eles os seus amados fillos, o que significaba que o rei sería testemuña da morte de todos eles. Enfurecido, o rei ordenou que lle cortasen a cabeza e, acto seguido, mandou chamar o máis sabio de todo o Imperio.

Enfurecido, o rei ordenou que lle cortasen a cabeza e, acto seguido, mandou chamar o máis sabio de todo o Imperio.

Cando este se presentou ante el, contoulle o seu soño e esperou resposta. O sabio, que sabía da sorte que correra o seu colega, díxolle: «Meu señor, isto significa que vai a ter unha longa vida,e sobrevivirá á súa descendencia». O rei, satisfeito e agradecido pola información que lle proporcionara o sabio, cubriuno de ouro.

Ensinanza: se non queres ser influenciable, analiza a información que recibes. Le, cuestiona, participa e constrúe a túa propia opinión.

Etiquetas:
,