La parábola de la atadura del camello — Omnivoraz

A parábola da atadura do camelo

Un relato sobre os límites imaxinarios.

Nalgún lugar da Ruta da Seda, uns mercadores interromperon a súa viaxe para facer noite nunha pousada. Cando se dispoñían a amarrar os seus camelos, decatáronse de que non había pau ao que poder atar un deles.

Entón, o líder do grupo tomou a corda e, no baleiro do ar, debuxou os xestos que simulaban o nó de amarre, quedando o camelo ceibo. Á mañá seguinte,dispostos a continuar a ruta, os cameleiros foron soltando e erguendo, un por un, os animais, pero, ao chegar a aquel que non fora atado ao pau, viron que non había maneira de movelo.

Ao chegar a aquel que non fora atado ao pau, viron que non había maneira de movelo.

Nese momento o líder dos mercadores recordou o que fixera a tarde anterior, así que se achegou a el, tomou de novo a corda e, no baleiro do ar, desdebuxou o nó de amarre, xesto ante o cal o camelo ergueuse con calma e botouse a andar.

Ensinanza: moitas das nosas ataduras son imaxinarias, o resultado de actuar como dita a maioría. Que non te amarren ao ar. Le, analiza, reflexiona e constrúe a túa propia opinión.

La parábola de la atadura del camello — Omnivoraz

Etiquetas:
,