Loa á noite meiga (San Xoán)
Artículos / 23.Jun.2020Unha vivencia de Alarico de Roque, gandeiro.
Fortes son as raíces que nos atan a esta noite, polo menos no rural. Esta noite que se converteu en botellóns de xente apiñada que non pensa nin por un momento a que se debe esa cacharela xusto nese intre. Na aldea todo é moito máis doado e, despois de días de traballo extenuante de colleita e sementeira, de suor e dor nas costas, esta noite xúntanos a todos e a todas arredor dun lume purificador, ante o que somos iguais pero singulares.